‘Funergal 2026’ abríu as súas portas en Expourense e presentou as últimas tendencias en deseño floral

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Funergal abriu esta mañá en Expourense as portas da súa 13ª edición posicionando a Ourense no mapa internacional do sector funerario ao reunir a 44 expositores de 10 países e visitantes profesionais dunha vintena de países de 4 continentes. A gran afluencia de visitas recibida durante esta primeira xornada ratifica o apoio dos profesionais do sector á única feira internacional funeraria celebrada este ano na Península e o único evento que ofrece negocio presentando o último en produtos e servizos. Loso visitantes proceden dunha vintena de países destacando a participación de funerarios de Portugal, que supós máis do 35% das visitas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O recinto de Expourense acolleu a visita inaugural desta XIII Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios (Funergal 2026), un acto no que participaron o presidente da Deputación Provincial, Luis Menor; o secretario xeral da Asociación Nacional de Servicios Funerarios; Alejandro Quinzán; o presidente da Asociación Provincial de Empresas Funerarias, Rubén Campo, e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, xunto a outras autoridades. “O sector funerario, ademais de cumprir cunha unha función social e humana imprescindible acompañando as familias nos momentos máis complexos da vida, é tamén un motor económico xerador de emprego estable, innovación e dinamismo empresarial”, salientou o presidente provincial.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A feira acolleu hoxe a primeira das presentacións de produtos e servizos innovadores dos expositores desta edición. Así se desenvolveu o ‘Taller de Arte Floral Funerario’, que impartíu Rita Soto, florista do Carballiño, que presentou as últimas tendencias en deseño floral, que pasan por utilizar flores brancas e novas estruturas como cestas ou modulares con niños para que ao concluír o funeral os membros máis achegados poidan levarse a casa unha parte do ramo como homenaxe ou recordo. Rita Soto presentou ademais a súa idea de “cartón de condolencias regalo” que inclúe as condolencias e un vale para un arranxo floral para o falecido para utilizar noutro momento distinto ao do propio funeral xa que, como indica “ás veces se xuntas demasiadas flores e con isto, poden levarlle flores en calquera outra data sinalada para o falecido como Nadal ou o seu aniversario”.

Funergal 2026 tamén conta coa exposición “Cinenterios” promovida pola Asociación de Funerarias e cemiterios Municipais AFCM-Cemiterios Vivos e que recolle unha mirada cinematográfica que permite descubrir o patrimonio cultural que encerran os cemiterios, proxectando unha visión contemporánea destes espazos da memoria. Tamén está exposto unha carruaxe fúnebre de a cabalo cedido polo Grupo A Libélula de Valladolid. Entre as actividades celebradas esta mañá, tamén destacou a presentación do novo mapa funerario de España presentada por ANFA-Agora, a nova asociación de profesionais funerarios que se presenta de forma oficial neste evento e que ten o obxectivo de unificar e defender intereses das pequenas e medianas empresas funerarias, con especial atención ás que operan no ámbito rural.

A Fundación “Honra a quen Honra Merece” de México, presente na feira, entregará os seus galardóns que recoñecen a achega ao sector funerario internacional tanto de empresas como de profesionais. Esta entrega terá lugar mañá, venres, ás 17,30 horas. Funergal é tamén un gran punto de encontro para a familia funeraria e por iso organizou un programa social que inclúe unha cea de gala, que conta co apoio de Interfunerarias, para que poidan desfrutar da excelente enogastronomía da provincia de Ourense. Dentro deste programa non faltará o tradicional “polbo á feira” ofrecido por APEFO que exercerán unha vez máis de anfitrións e que é sempre un dos momentos de convivencia máis entrañables desta cita e que este ano servirá de broche final á 13ª edición.

O horario de apertura de Funergal será mañá, 22 de maio, de 10,00 a 18,00 horas, e, o sábado 23, de 10,00 a 14,30 horas. A información sobre a feira pode atoparse na súa páxina web www.funergal.com ou a través dos seus perfís en Facebook e Instagram.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------