Baltar: “O termalismo europeo rearmase para saír fortalecido á nova normalidade”

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense) co Consello Asesor de Agro Alimentario da Provincia de Ouresne. Acompañan a Manuel Baltar Juan Manuel Casares Gándara (Presidente D.O. Ribeiro), José Luís García Pando (Presidente D.O. Valdeorras), Lara Da Silva (Presidenta D.O. Monterrei), José Manuel Rodríguez (Presidente D.O. Valdeorras), Guillermo Budiño Cajaraville (Presidente C.R.I.X.P. Pataca de Galicia), Jesús Quintá García (Presidente I.X.P. Castaña de Galicia), Milagros Prada Pardo (Presidenta Pementos de Oímbra), Francisco Vázquez González (Presidente I.X.P. Pementos da Arnoia), José Antonio García (Presidente AA. Produtores de Aceite), Carlos Rodríguez (Presidente C.R.I.X.P. Pan de Cea), Rosendo Fernández (Presidente do I.N.O.R.D.E.), Servando Álvarez Pousa (Técnico Centro Agropecuario de Xinzo), Artur Juste (Xerente Grupo Cuevas), Emilio Rial (Xerente Coren), Elena Pérez Canal (Xerente Aceites Abril), Francisco González Conde (Presidente AA. Apícola Ourensá), Emilio González (Presidente Plaza de Abastos), Andrés Mazaira (Coordinador Observatorio Económico Ourensán), Emma González (Xerente de Expourense), Pedro Rodríguez Parente (Presidente Agromacen), María Teresa Joga Martínez (Presidenta Adegal) e Raquel Rodríguez Martínez (Asesora Centro Apícola A Veiga).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO


“O termalismo europeo rearmase para saír fortalecido á nova normalidade”. Así o expresou hoxe Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense e da Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa ( EHTTA) na xornada inaugural da asemblea xeral desta rede, a máis importante do sector público termal europeo, na que Baltar participa desde o Pazo Provincial. Representantes de 53 territorios termais de 18 nacións reúnense (por videoconferencia) hoxe e mañá neste encontro considerado clave para trazar a folla de roteiro e analizar a situación do termalismo na etapa ” poscovid”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Gobernantes, técnicos e expertos termais de España, Portugal, Reino Unido, Austria, Bélxica, Croacia, República Checa, Francia, Alemaña, Italia, Hungría, Luxemburgo, Polonia, Estonia, Grecia, Turquía, Acerbaixán e Xeorxia, poñen en común as súas estratexias e os seus novos plans cos que o termalismo vai facer fronte ás consecuencias da crise do COVID-19 para afrontar os novos modelos do turismo de lecer e saúde en Europa.


Na asemblea, onde se analizan aspectos económicos, organizativos e de cooperación entre as diferentes administracións e entidades, Manuel Baltar expuxo que nesta nova normalidade, “na que algúns países, como España, xa abrimos fronteiras ao turismo, Ourense é pioneira en ofrecer servizos termais a todos aqueles que nos coidaron durante estes meses, desde o sector da saúde ata as forzas e corpos de seguridade”.

“Un futuro de oportunidades”

O presidente Baltar fala do “futuro de oportunidades” que se abre para o termalismo europea nesta nova etapa, e un acontecemento relevante é, na súa opinión, a celebración do Día do Patrimonio Termal 2020, que en Europa conmemorarase en Baden Baden. O encontro que se está planificando nesta cidade balnearia servirá “para chamar a atención da Unión Europea sobre as nosas posibilidades de desenvolvemento e o noso papel no Plan de Recuperación de Turismo da UE”, e tamén refire Baltar o evento que terá lugar o ano próximo en Estados Unidos, “país que xogará un papel fundamental para o turismo termal que virá a Europa. A EHTTA desenvolverá todo o potencial da súa oferta de saúde, cultura e valores europeos, dirixíndose tamén a este mercado, actualmente tan demandado polo turista estadounidense”, afirma Baltar.