Cortegada conta hoxe con oito casos activos, os mesmos ca dende o pasado mércores. Hoxe presenta o máximo da comarca. O comité clínico mantén a Cortegada no nivel alto, o que supón o peche interior da hostalaría e o aforo do 50% en terrazas. Os cambios entrarán en vigor ás 00:00 horas do próximo venres.
Ribadavia suma na xornada de hoxe un caso activo, para ter dous positivos. O concello de Beade quedou hoxe libre de coronavirus tras varios días cun so positivo.
Os demais concellos, Leiro, Melón, Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.