Noa Díaz do grupo socialista critica “laxitude” e “falla de garantías” na lei de universidade privada da Xunta: “pode pór en risco e debilitar a universidade pública”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Noa Díaz lamenta que “a medida que medran as esixencias para a universidade pública, fanse máis laxos os requisitos para a privada”

A voceira de Universidades do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de criticar a “laxitude” e “falla de garantías” da lei de universidade privada da Xunta. Fíxoo, hoxe, no Parlamento, durante o debate sobre a elaboración do ditame do proxecto de lei de recoñecemento da universidade privada e, ante o cal, o PSdeG presentou 21 emendas ao articulado, das que só foi aprobada unha, toda vez que a emenda á totalidade do proxecto de lei non prosperase polo voto en contra do PP.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Van aprobar un proxecto de lei de recoñecemento da primeira universidade privada de Galicia sen absolutamente ningún argumento que a xustifique”, censurou a Díaz, logo de lamentar que “deixan ir esmorecendo o sistema público universitario”, dado que, “a medida que medran as esixencias para a universidade pública, fanse máis laxos os requisitos para a privada”.

Neste senso, a voceira socialista cualificou o texto como unha “lei de mínimos” que “abre a porta a todos os proxectos privados de educación superior que poidan xurdir no noso país”. “Non quixeron ser, neste primeiro proxecto de lei, o garantistas que debían na aceptación dunha iniciativa privada” que “é de todo innecesaria” e “incumpre a legalidade”.

“Como se axusta aos principios legais cando sabe que a lei do sistema universitario galego expresamente prohibe novas universidades cando os estudos son reiterativos?”, preguntou Díaz para incidir en que este proxecto se solapa coa oferta do sistema público galego, o que supón que “pode poñelo en risco e debilitalo”.

Así, Díaz censurou que o PP “pase de puntillas” e “agoche a cabeza” sobre o proceso de inspección, control e vixilancia da universidade privada ao permitir, por exemplo, que as súas normas de funcionamento e organización “non sexan sometidas ao visto e prace, ou polo menos ao coñecemento, do Parlamento”. “Non hai vontade de control deste proxecto”, censurou, o que supón “unha carta branca inaceptable”.

“CÓMPRE PRIORIZAR AS TRES UNIVERSIDADES PÚBLICAS”

Finalmente, a voceira socialista reiterou a posición do PSdeG: “non nos opoñemos ás iniciativas privadas, nin moito menos, pero estas teñen que chegar con argumentos sólidos e, dende logo, non como ameazas ao público que xa existe e que ten demostrado a súa máis alta calidade, a pesar da asfixia á que se ve sometida por parte do goberno galego”.

“Cómpre priorizar as tres universidades públicas que teñen demostrado e acreditado sobradamente a súa excelencia de calidade docente e investigadora e a súa capacidade para satisfacer ao alumnado e tamén ao tecido produtivo”, sinalou. Para iso, concluíu, “é preciso e urxente reforzar e ampliar o Plan de Financiamento 22-26 e outorgar unha maior flexibilidade ás universidades públicas para, tal e como esixen, adaptarse ás novas necesidades sociais e económicas”. Saúdos, Co

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------