Espiñedo acolleu a xornada de iniciación do equipo feminino do C.D. Arenteiro, cunha participación de maís de 40 mozas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Espiñedo acolleu a xornada de iniciación do equipo Feminino do C.D. Arenteiro. Pola mañá, participaron as nacidas do 2007 en adiante e pola tarde, as nacidas en 2006 e anteriores. En total, máis de 40 mozas, de diferentes idades, desfrutaron hoxe do fútbol, algunhas por primeira vez e outras xa expertas na materia.

A finalidade desta xornada de iniciación é a de amosarlles o que pode aportar este deporte, e facerlles atractiva a proposta de xuntos poder formar un equipo feminino, liderando como iniciativa nesta provincia, na que soamente hai outro equipo de fútbol base formado por mulleres.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ademais de ilusión por botar esta proposta adiante, hoxe houbo moitas gañas de facer historia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------