Espazo En Común celebra o seu primeiro Magosto

Adxuntamos a nota de prensa que nos achega o grupo político

Este Venres día 15 a partir das 21:00h. Espazo Común celebrará o tradicional Magosto no local Social de Arcos

Son datas nas que amigos e veciños se reúnen para compartir conversas, compañìa e como non os manxares desta época do ano. Espazo Común O Carballiño facendo uso desta fermosa tradición celebrará este venres a partires das 21h seu magosto. Será no local social de Arcos onde se reunirán compañeiros, simpatizantes e veciños para compartir unha tarde- noite na que se dará conta dun menu tradicional: empanada, tortilla, chourizos, pan, bica, castañas e bebidas por 8€.

Publicidade Premer na Imaxe

Este é un evento aberto a toda a cidadanía , calquera veciño que o desexe pode acercarse e compartir estes primeiros magostos. Os primeiros de moitos ,con toda a família de Espazo Común.