Así mesmo tamén rematará as obras das beirarúas de Francelos.
- Con estas obras, o concello de Ribadavia da resposta ás demandas e necesidades que teñen formulado os veciños destas dúas localidades
Contará coas súas correspondentes canalizacións de augas pluviais. A ámbolos lados do camiño, nos perímetros e sobreanchos, disporase de adoquín de granito moreno abuxardado. Ademais, preténdese rebaixar o nivel da rasante do camiño entre 10 e 15 cm para mellorar o acceso dalgunhas vivendas que dispoñen dunha cota de entrada por debaixo da devandita rasante.
Con respecto ás instalacións, proxéctase a colocación de novos sumidoiros no eixo central, que se conectarán á rede existente de pluviais para conseguir unha mellora na drenaxe e repoñeranse as reixas das entradas ás casas. Por outra parte, se prevé a reposición de 180 m de canalización da rede de abastecemento existente que se encontra actualmente en mal estado.
O orzamento estimado para as actuacións obxecto deste convenio ascende a 79.999,98€ financiados na súa totalidade pola Axencia de Turismo de Galicia. Por outra banda, iniciouse tamén a obra de remate das beirarrúas de Francelos, unha obra na que se vai substituír o actual pavimento de baldosa cadrada hidráulica de formigón, no tramo que vai dende o nº 25 ata a rúa Ramal de Francelos na marxe esquerda, e executar un novo pavimento en formigón impreso; trasladar os postes eléctricos que están no medio da beirarrúa; realizar en todo o tramo os vaos para os pasos de peóns existentes; e restaurar os dous tramos de varanda metálica existentes.
