DE IGUAL XEITO, A DIRECCIÓN DO CCA DO CARBALLIÑO SEGUE A TRABALLAR PARA MANTER INFORMAR A TODOS OS ASOCIADOS DAS MODIFICACIÓNS DAS MEDIDAS QUE AFECTAN DIRECTAMENTE AOS COMERCIANTES
Os responsables do CCA do Carballiño traballan día a día para manter informados a todos os comerciantes e autónomos asociados de todas as modificacións normativas e axúdas ou bonificacións económicas en impostos que anuncian todas as administracións, tanto o gobernó central, como a Xunta e a Deputación. Así mesmo, manteñen un contacto regular coa Confederación Empresarial de Ourense e coa Federación Galega de Comercio para tentar de solucionar todas as dúbitas que lle xorden aos comerciantes. Dende o CCA seguen a traballar, agora incluso mais intensamente para conseguir das administracións subvencións e plans de actuacións que volvan a poñer en marcha o sector do comercio. Noelia Mares, xerente do CCA anuncia ademais, que, polo de agora, o vindeiro mes de abril non pasarán o recibo da cuota aos asociados ao CCA, e a maiores, fan un chamamento aos donos dos establecementos que estar en alugamento que sexan flexibles cos comerciantes á hora de cobrar o alquiler.