Baltar pide a Sánchez “máis coordinación, axudas, e menos propaganda”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, pediu directamente hoxe ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, máis coordinación, máis axudas e menos propaganda, na crise do COVID-19. Na videoconferencia que mantivo a Xunta de Goberno da FEMP co xefe do Executivo, Baltar demandou maior liquidez para as entidades locais, os autónomos e as Pemes, que debesen ser beneficiarios directos de cooperación por parte do Goberno, e defendeu que este é o momento da conectividad, das persoas e dos territorios, onde unha situación extraordinaria require dun orzamento extraordinario.

Manuel Baltar expresou no encontro telemático ante Pedro Sánchez que as provincias non só somos circunscricións electorais; estamos a falar de gobernos provinciais que atendemos aos concellos de menos de vinte mil habitantes, e en España 6 de cada 10 concellos teñen menos de 1.000 habitantes, co cal, o apoio das deputacións tradúcese nunha axuda xurídica, técnica, social, económica e ambiental, remarcou, para destacar a importancia dos gobernos provinciais na arquitectura administrativa española.

AVANTAR ACTIVIDADES

Celebro esta reunión e congratúlome de que vaia a ter continuidade e de que o presidente do Goberno dixese no Congreso que se vai a convocar ás deputacións para eses pactos de reconstrución nacional, comentou Baltar, e aproveitou a súa intervención ante Pedro Sánchez para ?reivindicar o loito nacional; son máis de vinte mil os falecidos, algo dramático, unha cifra que na provincia de Ourense é, neste momento, de 91, unha cifra xunto á que hai persoas, familias e moito sufrimento?.

O presidente Baltar dixo que, como deputación, vímonos abocados a comprar material sanitario e entregámolo á Xunta de Galicia para a súa repartición entre todos os concellos; unha cooperación que mantemos a través do Posto de Mando Avanzado, e reclamou a necesidade de liquidez para unha situación excepcional como esta: Son cero euros os que recibiron os concellos, e desde institucións como a nosa témonos que dedicar a cuestións que nada teñen que ver coas nosas competencias, pero este dramático escenario require da máxima dilixencia e cooperación.

Baltar finalizou avanzando que no próximo pleno da Deputación non haberá investimentos en obras porque a prioridade hai que focalizarla nas persoas, no dinamismo empresarial, na creación de emprego, nos autónomos, nas pequenas e medianas empresas, que é o que piden, e para ese efecto constituímos o Comité do Día Despois cos representantes das organizacións empresariais para actuar nesa dirección, dixo.

Na reunión por videoconferencia tomaron a palabra xunto a Manuel Baltar os alcaldes de Estepona, Zaragoza, Córdoba, Murcia e Valladolid, e as alcaldesas de Santander e Toledo.