Medios do Concello para fumigar

UN CAMIÓN DO MINISTERIO DE TRANSPORTES, XUNTO CON TRES TRACTORES, EFECTUARON O TRABALLO DE DESINFECCIÓN DAS RÚAS E ESPAZOS PÚBLICOS DO CARBALLIÑO

O camión que enviou o goberno do estado a través de Fomento, súmase aos tres tractores que levan casi dende o inicio do estado de alarma facendo a desinfección das rúas do casco urbano e as parroquias do Carballiño.  O concello agradece unha vez máis a Peleteiro, de Casal de Armán, a un colaborador anónimo do Ribeiro e a Pazo Tizón, que mobilizaron de xeito totalmente solidario un tractor cada un. Estes traballos de desinfección son realizados cada día polos traballadores do Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello adquiriu unha nova máquina que permite desinfectar máis rápido, e que xa está sendo empregada na desinfección dos espazos públicos máis transitados; e tamén se mercou un xerador de ozono, moi útil para desinfectar, por exemplo os vehículos municipais.

Alí mesmo, a concelleira de Medio Ambiente e Limpeza informábanos que o concello ven de recibir 2.000 mascarillas da Subdelegación do Goberno de Ourense.

Estas mascarillas súmanse ás outras 2.000 que adquiriu o concello e que estivo eviando por correo postal ás personas maiores de oitenta anos e cónxuxes.

VIDEO