NOTA INFORMATIVA CÍRCULO PODEMOS NO CARBALLIÑO

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Unha vez vista a necesidade de aprobar con urxencia o orzamento municipal, pasados xa dous
meses dende a aprobación inicial do expediente e 59 días dende a declaración do estado de
alarma decretado no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de
alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, para poder
seguir adiante con outros procesos como pode ser o da aprobación da Ordenanza Municipal
de Emerxencia Social ou a aprobación das bases reguladoras para axudas a persoas
autónomas, apoiamos a aprobación de este orzamento pese a que entendemos que podería ser
mellorable, e dada excepcionalidade do momento que estamos a vivir, no futuro se terán que
afrontar seguramente modificacións e ampliacións de crédito para poder dar cobertura ás
necesidades da veciñanza do Carballiño.
Non imos ser quenes de presentar pegas nin dificultade sen este momento.
Xa teremos tento unha vez pasemos todas esta situación, de pedir responsabilidades e de
valorar as actuacións de cada quen.
Comprendendo a urxencia na hora de proceder coa tramitación de estes orzamentos, e de
outros procedementos como poden ser as propias bases reguladoras de axudas ao colectivo
das persoas traballadoras.
Proba de isto, e que achegamos con este documento, unha proposta de BASES
REGULADORAS DE AXUDAS Á ACTIVIDADE COMERCIAL, DE
RESTAURACIÓN E HOSTALERÍA NO CONCELLO DO CARBALLIÑO
MOTIVADAS POLO COVID-19.
Esta proposta nace coa única intención de aportar pola nosa parte unha iniciativa a este
concello, a este grupo de goberno, para remar todas na mesma dirección e poder xestionar de
xeito áxil e na maior brevidade posible estas axudas tan necesarias en estes momentos.
Sen máis, esperamos que as integrantes das distintas agrupacións políticas con representación
en este Concello teñan a ben estimar esta proposta.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

ARQUIVO de PROPOSTAS