Comunicado de Podemos no Carballiño sobre a base das axudas do covid-19 e outras cuestións anexas

IES CHAMOSO LAMAS

Esta semana coñecemos a través da prensa o anuncio do Alcalde sobre da situación na que
estaban as bases e as distintas axudas, como as de Emerxencia Social aprobadas no pleno do
pasado martes 12 de maio.
Pese a que o alcalde anunciaba que se estaban “estudando” esas bases, despois de que as
distintas agrupacións remitísemos varias propostas de bases, con data límite do domingo
pasado 17 de maio, resulta que non temos nada tanxible sobre a mesa, e de que o xeito acaido de procedemento normal non era ese.
O normal era que no pleno da pasada semana, sabendo que se ían aprobar os orzamentos e a
cantidade destinada a estas axudas, dividida en dúas fases de un total de 1.977.000 euros, fose o grupo de goberno socialista quen levase unha proposta de bases para consensuar co resto de agrupacións da oposición, e as mesmas quedasen abertas a alegacións.


Dende o Círculo de Podemos no Carballiño, mantíñamos un voto de confianza no grupo de
goberno socialista, esperando que tras remitirlle as proposta de bases dende as distintas
agrupacións tanto con representación municipal coma sin ela, esta semana estivese preparado
ese borrador.

HIPER MASIDE

E non foi o caso.


Despois de esperar dez días dende a celebración do pleno, a que o alcalde dese a coñecer
algún borrador ben de xeito directo ou a través do BOP, non vemos esa iniciativa nin
intención de intentar sacar adiante as tan necesarias bases para poder dar as distintas axudas
económicas e sociais ás traballadoras autónomas afectadas polo peche dos seus negocios ou a
baixada na facturación dos mesmos.


O grupo de goberno socialista vai con moito atraso no auxilio da súa veciñanza, arrastrando
ao Concello do Carballiño á desesperación e á impotencia de ver como non se pode axudar a
moitos colectivos e moitas familias da nosa vila.


Pero non remata aquí a incapacidade e inoperatividade do grupo de goberno local.
Estamos a tres días de pasar á fase II, pasados xa 66 días dende que se decretou o estado de
alarma, onde as normas de limitación de mobilidade se suavizarán e a reapertura de negocios
do sector da hostelería e do comercio local será máis efectiva, e o Concello aínda non foi quen
de facer ningún protocolo nin deseñar ningunha medida para poder axudar a estos sectores.
Esta mesma situación de desatención sucedeu xa fai dúas semanas cando entramos na fase I e dende o Concello non se fixeron propostas de regulación para o comercio nin para a
hostelería, tendo que estes sectores afrontar sós a desescalada.

Polo exposto e sobre todo, pola extrema necesidade de que estean xa operativas as axudas
para a clase traballadora do Carballiño, onde moitas familias levan xa dous meses sin ter
ningún ingreso nos seus fogares, pese a que o señor alcalde e as 4 edís con dedicacións non
perderon de cobrar durante este tempo, SOLICITAMOS:

  1. Que no prazo de máis breve posible, o señor alcalde aclare xa de unha vez, en que
    data estará xa publicado o borrador de ditas bases de axudas, si é que se van
    facer.
  2. No caso contrario, de que non teña pensado sacar estas bases, polos motivos que
    sexan, que explique en que vai investir os cartos asignados a esas partidas
    orzamentarias.
  3. Antes da entrada en vigor da fase II na nosa provincia, e por extensión en toda
    Galicia, o vindeiro luns 25 de maio, dende o grupo de goberno quiten xa, de
    extrema urxencia, medidas e protocolos de acompañamento para o sector da
    hostelería e do comercio local, salvagardando o bo funcionamento do mesmo en
    base as pertinentes medidas de seguridade e sanitarias precisas.
    Hai que ser seri@s e responsables ante esta situación, e en este caso o grupo de goberno
    municipal socialista non o está sendo e está deixando moito que desexar coa súa xestión.
    Por unha vez, solicitamos que digan a verdade, sen pantallas nin medias tintas.
    Estase a xogar co futuro de moitas familias do noso concello.
    Seriedade e responsabilidade, por favor.