Hoxe continuaron cos traballos de reparación de bancos deteriorados, e xa houbo veciños que tiveron a oportunidade de sentarse neles.
A alcaldesa; Patricia Torres e a concelleira; Rosy Pérez acompañaron o operario do concello para a reparación dos mesmos nesta tarde, dentro do programa de traballos de mellora a acometer no noso concello que ten en marcha o equipo de goberno e tamén aproveitaron para falar cos veciños e coas veciñas.
Nas fotos veredes o antes, e o despois en algunhas os veciños tamén.
Repararonse un no Morouzón (Cameixa), dous en Parada de Cameixa e 1 en Sobredo.
Mañá seguiremos cos traballos ata completar o municipio, ainda leva o seu tempiño
