O BNG denuncia un novo retraso na concesión das axudas e levará a pleno unha moción de urxencia

IES CHAMOSO LAMAS

Sofía García denuncia un novo incumplimento na elaboración das bases para axudas do concello ao non ser incluídas na convocatoria da comisión informativa

Tras denunciarmos a externalización da elaboración das bases, con todos os trámites burocráticos engadidos que iso supón, e a pesar de contar con persoal preciso no concello para acometer axilmente dita función. Xa puñamos de manifesto o noso desacordo nun proceso que demoraba inxustificadamente a concesión de axudas, mentres a veciñanza segue agardando e padecendo as consecuencias.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

 A  pesar das afirmacións do alcalde de ter as bases practicamente rematadas e que estarían listas para pasar pola comisión informativa previa ao pleno do 15 de xuño,  e na que os grupos puidesemos facer todas as aportación precisas, a convocatoria da comisión informativa pon de  manifesto que o goberno municipal segue sen ter as bases listas. 

Convocada a comisión informativa  as bases seguen sen aparecer por ningunha parte. “Un mes despois de aprobarmos as partidas orzamentarias en pleno, e case tres meses despois do inicio da paralización económica causada pola COVID-19, que puña máis que en evidencia a chegada dunha crise económica para o tecido económico e os sectores sociais máis sensibles o concello continúa sen  efectivizar as medidas coas que paliar a grave situación a que nos enfrontamos” manifesta García, voceira municipal do BNG.

Ante esta situación o BNG presentará unha moción de urxencia exixindo a axilización destes trámites e coñecer cal é o estado real da elaboración das mesmas. E se for preciso que se elaboren por quen as tiña que ter elaborado desde un primeiro momento, o persoal do concello, aforrando cartos públicos e demoras innecesarias.