Obradoiro de lectura para nenos, o día 21 na biblioteca

IES CHAMOSO LAMAS

O próximo 21 de agosto ás 12 da mañá  o concello do Carballiño organiza un obradoiro diferente e divertido dentro do programa “Ler conta moito”. Tratase da actividade “Aria, unha cadela diferente”, impartido por ENCANTO. Está dirixido tanto a colectivos especiais como a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Para inscribirse será necesario chamar ao teléfono da Biblioteca Pública Municipal 607062626 ou no whatsaap  669645044, tamén se pode enviar un email a biblioteca@carballino.gal ou no Facebook da biblioteca.

HIPER MASIDE

Haberá límite de prazas para controlar o aforo e que a actividade sexa segura. A aceptación de inscritos farase por orde de inscrición, ata cubrir aforo, reducido e coas medidas adaptadas ó COVID-19.