A residencia Alvetus, en Avión, licitará a fase tres da obra de acondicionamento

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As obras servirán para ampliar os servicios existentes na actualidade na residencia, conseguindo unha maior capacidade de prazas ca fin de responder ás necesidades que plantexa a población de Avión.

Preténdese ampliar a ocupación con 6 dormitorios dobres, cun total de 12 nuevas prazas residenciales, así como a xeración de novos espazos para enfermería e sala de curas.

No semisótano pecharase a parte exterior con elementos acristalados, cambiaráse a carpintería exterior e aumentarse o espazo de aseos engadindo unha zona polivalente destinada a zona de estar para os usuarios.

Na planta baixa pecharase a terraza existente dotándo este espazo de superficie pechada útil para o seu aproveitamento. As obras inclúen o acabado de carpintería e a renovación do saneamento.

Na primeira planta mellorarase a carpintería da fachada principal para mellorar a eficiencia enerxética das habitacións, mellora da climatización no vestíbulo con radiadores convencionais, cambio de carpintería e renovación da fachada con colocación de vidrieiras de cristal.

O presuposto para estas actuacións supera os 200.600 euros e a contratación destas melloras xa está publicada segundo os procedementos dos Contratos Públicos de Galicia.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------