O concello de Castrelo de Miño pide a limpeza das marxes das fincas ós propietarios para proceder ó arranxo das estradas municipais

O concello de Castrelo de Miño emitiu un bando no que pide ós propietarios das fincas lindeiras con estradas municipais a súa colaboración na limpeza das marxes e na retirada de árbores. Esta petición débese a que a administración local quere proceder ó arranxo destas vías e é necesario establecer unha franxa para a prevención de incendios.

A lexislación recolle a retirada de especies frondosas caducifolias nos catro metros a carón da estrada e dez metros para o resto de especies. O concello recorda que de non facelo de xeito voluntario, a administración deberá proceder a abrir un expediente sancionador

AVANTAR ACTIVIDADES