O Bng demanda desde a Deputación de Ourense a paralización do expediente contra o xefe de xinecoloxía de Verín

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG, presentou unha moción de urxencia ante a Deputación de Ourense coa que demandará a rectificación do SERGAS e da Xunta de Galiza nesta vendetta do Xerente da Área Sanitaria.

AUDIO Bernardo Varela ( Premer na Imaxe )

O BNG ven de presentar unha moción de urxencia na Deputación provincial de Ourense ante o anuncio de que a xerencia da Área Sanitaria de Ourense/Verín/Valdeorras tería incoado un expediente contra o xefe de xinecoloxía do hospital de Verín, co que se pretende inhabilitar ao doutor Castrillo durante dous anos.  

  No BNG causa  sorpresa e alarma ante a nova de que haxa aberto un expediente sobre un acontecemento sen consecuencias cando non se investigaron feitos graves de violencia obstétrica.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 Para Varela “estando este expediente motivado por iniciativa de Felix Rubial, o xerente da Área Sanitaria que tentou fai un ano pechar a sala de partos do hospital de Verín, semella máis unha vendetta política contra este profesional que manifestou publicamente a súa disconformidade coa política de peche”  

“O pleno da Deputación xa se viu obrigado a tomar partido durante o desenvolvemento deste conflicto, e a presión social favoreceu que esta institución se manifestase en favor dos intereses veciñais, contradecindo o posicionamento da xerencia e do conselleiro de sanaidade  Jesus Vazquez Almuiña” afirma o voceiro nacionalista.

 Por está razón o voceiro do grupo provincial do BNG,  demandará no pleno da Deputación de Ourense deste venres 27 de novembro que o pleno provincial exprese o seu respaldo ao xefe de xinecoloxía de Verín, o doutor Castrillo.

Así mesmo é preciso que a Deputación tome partido na defensa do doutor Castrillo e “esixiremos que Deputación de Ourense inste á Xunta e ao Sergas  a arquivar de inmediato o expediente polo que se pretende inhabilitar durante dous anos de exercicio ao Doutor Castrillo.” Manifesta Varela.

Moción relativa á situación das unidades de lactantes e preescolares/escolares no CHUO para garantir o seu funcionamento correcto e separado.

 O BNG  tamén presentará ante o vindeiro pleno deste venres a preocupante situación que se está a dar no CHUO, e que require dunha inmediata solución de cara a dar un axeitado servizo hospitalario e asistencial  á poboación infantil que acode a este centro.

 Desde os meses de verán unificáronse no CHUO a unidade de lactantes que abrangue até os dous anos de idade, e na que se  atende en moitas ocasións bebés de poucos días e crianzas con atencións moi específicas. E a unidade de preescolares/escolares,  que atende a  nenos e nenas entre 2 e 14 anos, e en ocasións mesmo de ingresos puntuais de pacientes de ata 17 anos por criterio facultativo. Polo tanto, non é xustificable unificar estes dous servizos. 

  Para o voceiro do grupo pronvincial “neste momento non hai unha atención en espazos separados e adecuados axeitadamente e con persoal suficiente, o que supón un grave deterioro asistencial e un paso atrás na atención á pobación infantil de Ourense.” Clarifica Varela que  “a precarización e o recorte de persoal do CHUO é a razón última desta situación”.

Por esta razón o BNG demanda desde a Deputación provincial que a Xunta de Galiza “rectifique de forma inmediata a unificación práctica das unidades de lactantes e preescolares e garantir o seu funcionamento separado, en espazos separados e debidamente acondicionados e con persoal suficiente, priorizando o persoal con formación pediátrica”

“Tamén demandaremos a reincorporación inmediata do persoal especializado aos seus postos de traballo nesta área tan sensible e especializada,  namentres que se establezan canles de diálogo  que garantan a operatividade do servizo no futuro e os seus dereitos laborais” afirma o voceiro nacionalista.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------