O Concello do Carballiño baixa un caso activo, para situarse nun total de 5 contaxios. A tendencia á baixa mantívose durante os últimos días, chagando a cifras tan optimistas coma as do verán. A comarca baixa tamén os casos, sumando un total de 26.

Beariz segue sendo o punto máis preocupante da comarca, mantendo os 18 casos activos de onte. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados.

O resto de concellos mantéñense estables. Maside mantén os 3 contaxiados e O Irixo pasou de ter un caso a estar libre de coronavirus. Boborás baixou o seu único caso para estar sen casos activos. San Cristovo de Cea, Punxín, San Amaro e Piñor están libres de coronavirus.