O concello premia a creatividade dos escaparates de Nadal

Un ano máis o Concello do Carballiño fixo entrega dos diplomas aos gañadores  do concurso de escaparates de Nadal. O xurado valorou a calidade e a gran competencia do comercio local carballiñés, sendo un resultado que se resolveu dunha forma moi axustada. 
A tenda de calzado infantil École foi a que levou o primeiro premio na súa primeira participación neste certame de Nadal. O Estanco n°5 da rúa Venezuela logrou o segundo premio e a mercería La Moderna o terceiro. 
Asemade, o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, quere trasladar os parabéns aos participantes e aproveita para recordar a importancia que ten o consumo no comercio local nunhas circunstancias tan especiais como as que estamos a vivir. 

Publicidade