Emma González será a nova xerente do Inorde dende o próximo 1 de marzo

Videoconferencia do Consello Reitor do INORDE. Asisiten Rosendo Fernández (Presidente e VicePresidente da Deputación de Ourense); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 1º da Deputación Ourense); José Miguel Caride Domínguez (Deputado Provincial DO); Marisol Nóvoa Rodríguez (Presidenta da CEO); Juan Marquina Fuentes (Secretario Xeral da Deputación de Ourense); Mónica Legaspi Díaz (Interventora Deputación Ourense); Montserrat Cruz González (Facultade Ciencia Empresariais e Turismo do Campus de Ourense); Gabril Alén Castro (Delegado da Xunta en Ourense); Santiago Ferreiro Peréz (Presidente AA Constructores de Ourense); Aurelio Gómez Villar (Asesor Cultura Deputación Ourense), Margarita Pérez Fernández (Deputada PSdeGA-PSOE); Bernardo Varela López (Deputado BNG); Montserrat Lama Novoa (Deputado CS); Artur Yuste i Tarragó (Director Xeral do Grupo Cuevas); María Esther de Blas Varela (ViceReitora do Campus de Ourense); José Antonio Rodríguez Araujo (Presidente da AA de Empresarios do Poligono Insdustrial de San Cibrao da Viñas).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Consello reitor do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), na súa reunión de hoxe, nomeou á ata o de agora directora adxunta de Expourense, Emma González, como nova xerente do Inorde, segundo o previsto na base quinta das reguladoras do procedemento para a provisión, mediante libre designación con convocatoria pública da Xerencia do Inorde, logo dun proceso aberto e de libre concorrencia.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Está previsto que Emma González tome posesión do seu cargo o vindeiro 1 de marzo e comece a partires desa data a desenvolver o seu labor nesta entidade dependente da Deputación de Ourense, que ten encomendadas funcións de dinamización da provincia, xestión de fondos europeos e colaboración público-privada nos ámbitos económico e social. Desta maneira, Emma González pasa a ocupar a vacante deixada trala xubilación de José Manuel Rodríguez, quen desempeñou o cargo de xerente do Inorde durante preto de dúas décadas.