Galicia descende a presión da unidade de críticos con 13 ingresos menos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 223 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 7.292. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 133 (-13) persoas na UCI, e 501 (-46) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexístranse 26 xornadas de descenso de casos. Contamos con 11 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 43 casos, ata os 509 casos totais. Os hospitais descenderon as súas cifras, contando con 56 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 8 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES