Emilio González avanza que o cumprimento da normativa relativa á hostalaría e ao peche perimetral de Galicia é prioritario

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu hoxe unha nova reunión do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria. No encontro, celebrado na Subdelegación do Goberno, participaron responsables da Garda Civil, da Policía Nacional, da Policía Autonómica, da Policía Local de Ourense e representantes da Subdelegación do Goberno e da Xunta de Galicia.

Emilio González informou de que nesta xuntanza perfilouse o dispositivo especial para a Semana Santa, coordinado entre as distintas forzas e corpos de seguridade. O subdelegado sinalou que os operativos priorizarán o control do peche perimetral da Comunidade Autónoma, así como a vixilancia das estacións de autobuses e tren e das áreas máis turísticas da provincia para evitar desprazamentos non autorizados.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Outra parte do dispositivo estará enfocada nos controis nos diferentes establecementos de hostalaría para garantir o cumprimento das medidas decretadas pola Xunta de Galicia e, ao mesmo tempo, apoiar a labor preventiva no sector. González Afonso indicou que tamén se acordou o reforzo do control nocturno, posto que a limitación da mobilidade nocturna en Galicia mantense entre as 22:00 e as 06:00 horas.

Así mesmo, as forzas e corpos de seguridade vixiarán o cumprimento das restricións nos municipios da provincia que, a partir desta medianoite, se atopan no nivel máximo (Beade e Maside).

Durante a reunión tamén se fixo balance das actuacións levadas a cabo polas forzas e corpos de seguridade durante a última semana para vixiar o cumprimento das medidas aprobadas polo Goberno autonómico. En total, do 18 ao 24 de marzo a Garda Civil e a Policía Nacional realizaron 378 dispositivos de control e vixilancia sanitaria nos que participaron 1.091 axentes. Neles identificouse a 1.617 persoas, controláronse 1.237 vehículos e eleváronse 129 propostas de sanción. No ámbito da hostalaría realizáronse 167 inspeccións en establecementos e interpúxose unha sanción.

González Afonso destacou o incansable traballo de todas as forzas e corpos de seguridade para velar polo cumprimento das medidas sanitarias, axudando así á protección da saúde das ourensás e dos ourensáns.

Por último, o subdelegado do Goberno lembrou que “é preciso seguir actuando con responsabilidade e cumprindo a normativa establecida para poder manter a raia o número de contaxios. De todos nós depende non volver atrás”.