O comité sanitario de Ribadavia acorda reforzar a vixilancia co final do toque de queda.

O Comité conformado por Policia Municipal, Garda Civil, Coordinadora médica do Centro de Saúde, Coordinador do Grupo de Emerxencias, portavoces municipais e Alcaldesa, propuxo reforzar a vixilancia nestes días nos que está previsto o final do toque de queda e do peche perimetral de Galicia.

As medidas anunciadas co final do Toque de Recollida e a apertura dos niveis de restricción que comezarán na madrugada do sábado, leva ao Comité a manifestar a necesidade de reforzar a vixilancia e control das medidas de prevención e precaución.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os membros do Comité coincidiron na necesidade de reforzar todas as medidas de precaución, prevención e vixilancia, para evitar unha posible subida de casos que nos leve a un peche perimetral do noso muncipio.

Hoxe Ribadavia reduce en un caso os número de activos, situandose en 8. Sen ser preocupante debemos evitar a toda costa que se incremente, o cal nos acercaría a un posible peche perimetral do municipio.

Desde o Concello de Ribadavia facemos un chamamento á poboación para reforzar todas as medidas de precaución. As novas medidas adoptadas polas Autoridades Sanitarias non pode levarnos á relaxación, pois a COVID e os seus efectos continúa con nós.

O cumprimento das medidas sempre foi e está sendo correcto por parte da sociedade, polo que debemos continuar na liña de respectar as normas nesta nova fase que comeza o sábado de madrugada.

Mellorar os espazos de vacinación.

O COMITÉ proponlle ao SERGAS a posibilidade de que os procesos de vacinación masivos que se están a realizar no Centro de Sáude de Ribadavia se realicen noutras ubicacións máis amplas e accesibles. Así, desde o Concello ofertan diferentes infraestruturas muncipais como Pavillóns e Colexios.