As piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei abren mañá as portas ao público

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá as instalacións das piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei, trala eminente apertura ao público no día de mañá venres, e que polas circunstancias da covid-19 verase reducido o seu aforo a 800 persoas segundo a normativa vixente.

Publicidade

A nova tempada de verán prolongarase ata primeiros de setembro. O recinto de Monterrei conta con 6 piscinas, incluíndo unha infantil e outra de ollas. Durante os últimos meses procedeuse á realización de diferentes traballos de posta a punto despois do inverno, para poñer en marcha o recinto que acolle nos tres meses de apertura unha media de 70.000 persoas cada ano.

O prezo das entradas para acceder ás instalacións acuáticas subiron 10 céntimos con respecto á tempada anterior. Así, a entrada para os maiores de 18 anos custa 2,30 euros e a de menores, 1,30 euros. O acceso para os nenos menores de 4 anos é gratuítos. Ofrécese tamén a posibilidade de adquirir bonos de 10 entradas que abaratan o acceso ás piscinas cun prezo de 10 e 20 euros, para menores e maiores de idade, respectivamente.

O horario de apertura establécese, como anos anteriores, de 12.00 a 21.00 horas.