O Carballiño afianza a tendencia á baixa con 60 casos activos, 19 menos nesta fin de semana

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 91 contaxiados, case unha trintena menos nesta fin de semana.

Publicidade

O Carballiño conta hoxe con 60 casos activos, cun descenso de 19 casos nesta fin de semana.  Boborás conta con 6 contaxios, tres menos dende o venres. Beariz mantén os 9 casos activos; Maside mantén 7 casos activos; San Amaro mantén os 5 contaxios; O Irixo, Piñor, Punxín e San Cristovo de Cea contan cun caso cada un deles.