A Corporación do Carballiño mobiliza 670.000 euros para mellora de infraestruturas, axudas a colectivos e festexos

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Corporación Municipal do Carballiño deu o visto bó a unha modificación de crédito de 670.000 euros, que irán destinados a diferentes melloras de infraestruturas, espectáculos e subvencións a entidades do municipio. O expediente foi aprobado polos 10 votos do equipo de goberno (PSdeG-PSOE e PP), mentres se abstiveron os seis ediles de Espazo Común e a concelleira non adscrita (Sofía García). Entre outras partidas, destínaranse 150.000 euros para reposición de vías públicas, 63.000 para o orzamento das festas patronais de San Cibrao e 30.000 para o remate das obras do futuro Museo do Papel.

O pleno da Corporación amosouse unánime ao aprobar unha moción de Sofía García para esixir melloras na atención sanitaria pública no Carballiño. As propostas céntranse na convocatoria do Consello Municipal de Saúde, solicitar unha xuntanza co conselleiro de Sanidade e avanzar na tramitación do novo Centro de Saúde.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O goberno municipal, por outra banda, rexeitou dúas propostas de Espazo Común, unha relativa á consensuar un pacto antitransfuguismo en Galicia e outra para o acondicionamento do campo de fútbol da Uceira. Finalmente, tamén foi rexeitada a urxencia dunha moción do mesmo grupo da oposición relativa á recente suba desproporcionada das taxas polo consumo de auga domiciliaria.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------