A Xunta anuncia a licitación das obras de mellora no cpi Padrenda Crespos por case 692.000 euros

IES CHAMOSO LAMAS

Así o comunicou esta mañá o delegado territorial da Xunta na súa visita ao centro escolar

  • O delegado territorial explicou que as obras centrarase na mellora da eficiencia enerxética e funcional do centro, e que estas forman parte das comprometidas na provincia que se están licitando antes de fin de ano, como é o caso do CPI Padrenda Crespos,  ás Xunta destina 7,9M de euros
  • Gabriel Alén subliñou que a Xunta de Galicia executa este verán un total de 557 obras en centros educativos de toda a Comunidade por importe de case 30M€, dando continuidade ao compromiso do Goberno galego coa mellora das condicións de benestar da comunidade educativa, ao abeiro por primeira vez do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do alcalde, Manuel Pérez, visitou esta mañá o CPI Padrenda Crespos para anunciar a licitación das obras de rehabilitación integral deste centro educativo no que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai investir case 692.000 euros; unha das actuacións previstas, ao igual cas que se están a desenvolver no CEIP Mariñamansa, no CPI Plurilingüe José García  García ou no IES Blanco Amor, e que recentemente a Xunta vén de anunciar a súa licitación.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Gabriel Alén destacou que as obras que se están licitando antes de fin de ano como é o caso dos devanditos centros supoñen un investimento por parte da Xunta de 7,9M€ na provincia de Ourense.

O delegado territorial tamén se referiu ás obras que están en execución e que se realizaron este verán (tanto grandes obras como melloras en patios, pequenas renovacións de fiestras, pintura, mellora da accesibilidade etc). Na provincia de Ourense suman 98 obras semellantes cun investimento de 2,8M.

Así mesmo, lembrou que a Xunta de Galicia culmina este ano unha decena de obras en centros educativos da provincia, entre elas a de construción do Centro Galego de Innovación da FP.

Mellora da eficiencia enerxética

A rehabilitación integral do CPI Padrenda Crespos centrarase na mellora da eficiencia enerxética e funcional do centro. Para conseguilo, no edificio principal desenvolveranse traballos de Illamento mediante inxección en interior de cámara en zona orixinaria, sobre último forxado, baixo cuberta e baixo forxado en soportais abertos con aulas en planta superior.

Tamén levará a cabo o cambio de todas as carpinterías exteriores por outras con rotura de ponte térmica, vidro dobre e oscilobatientes para mellorar a ventilación natural das aulas, ademais de mellorar o confort térmico. Así mesmo, substituiranse as persianas de pvc por persianas illantes monoblock e cambiaranse as luminarias por un sistema de iluminación led con sensores de luz.

Outra das reformas previstas e a mellora da calefacción mediante colocación de válvulas termostáticas nos radiadores, para garantir unha correcta climatización das zonas (corrección de diferenzas entre aulas orientadas a norte ou a sur) e como medida de aforro.

Acometerase tamén a reparación da cuberta mediante a substitución dos elementos danados: canlóns e baixantes; reformaranse os baños intermedios na planta primeira e na segunda; instalarase un tabique móbil divisorio en estancia en planta baixa multifuncional para adaptar o espazo a comedor ou salón de actos segundo o caso e pintaranse as zonas deterioradas do centro tanto en interior como en exterior , en cor branca.

Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

O delegado territorial explicou a Xunta de Galicia executa este verán un total de 557 obras en centros educativos de toda a Comunidade por importe de case 30M€, dando continuidade ao compromiso do Goberno galego coa mellora das condicións de benestar da comunidade educativa, ao abeiro por primeira vez do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta para o deseño dos centros post-covid.

O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, dotado con 191M€, configúrase como guía mestra de todas as intervencións que se están a facer nos centros educativos galegos apostando por uns centros de ensino mellor acondicionados, máis implicados coa educación dixital e as novas metodoloxías de ensino, máis sustentables e máis confortables para profesorado e alumnado.

As actuacións que se están a desenvolver nos centros xiran arredor de seis eixos de actuación que son o encaixe dos centros no espazo urbano, o seu aspecto exterior, os espazos de socialización, a distribución interior dos centros, o establecemento de polos creativos (espazos maker) e a eficiencia enerxética.