
O concerto de TOR+convidados tivo lugar no Teatro Coliseo de Eibar o pasado venres 22, dentro das actividades «Galicia en Eibar». A experiencia foi formidable, e foron recibidos en Euskadi de marabilla, a colaboración coa agrupación Os Galaicos, que actuaron diante de Tor e co seu grupo de baile, e o trato da Casa de Galicia en Eibar… Todos xente marabillosa, tamén os técnicos de cultura do concello e o persoal do teatro. O propio alcalde de Eibar Jon Iraola estivo todo o concerto, e quedaron encantados.
Interpretaron ademais do habitual repertorio instrumental, acompañados dos convidados Pancho Alvarez (violín), Angel Ruiz (banjo), Soco Rúa (pandeireta) e Lucía Cedrón e David Leadbeater (baile), un set de temas vascos preparados para a ocasión, varios temas galegos coa agrupación Os Galaicos, e algunhas pequenas sorpresas como un tema con lira galaica tocada por Pancho Alvarez.
O Teatro Coliseo é un espazo moi acolledor, houbo moi boa asistencia, o espectáculo durou en total 2 h 15 minutos, e todo o mundo saíu coa emoción de ter participado nun concerto do máximo nivel.
GALERIA DE FOTOS de JOSEBA BARRUTÍA



GRUPO FOLK TOR
Grupo folk formado por Cástor (frautas de madeira, buzuqui) Félix Castro ( angloconcertina, acordeón diatónico, gaita), Xosé Liz ( bouzouki) e Alvaro Iglesias (contrabaixo), con longa traxectoria na música galega e celta.
En 2018 iniciaron un novo proxecto en forma de cuarteto e en agosto de 2020 editan o primeiro traballo discográfico con él, « TOR-Folk céltico dá Galiza» ( Inquedanzas, 2020).
Concerto de música folk instrumental de temas recolleitos da tradición galega, a principal fonte é o traballo de campo do Arquivo Castro Vicente ( Cástor e Félix Castro) realizado no últimos trinta anos.
Xunto coa liña melódica guiada principalmente por instrumentos como a gaita, frauta de madeira, a concertina ou o acordeón diatónico, a parte harmónica complétana o bouzouki e o contrabaixo, conformando un son acústico, reelaborado dun modo concordante coas tendencias do folk atlántico europeo.
Sets de muiñeiras, jotas, alboradas, pasacalles e piruxaldas, sucedense con outros temas máis pausados como alalás, cantos de reises, valses ou mazurcas.
Tamén realizaron a banda sonora para a mediametraje « Luarada», de Zinemusik, director Óscar Doviso, sobre o home lobo de Esgos Manuel Blanco Romasanta, que se estreou no OUFF Festival de Cinema de Ourense en outubro de 2020. Pódese oír en Spotify
No portal Galician Tunes aparece unha entrevista como grupo de la Semana en el mes de Agosto de 2020. http://www.galiciantunes.com/news/1321