Aparece o cadáver dun veciño do Carballiño que levaba varios días morto na súa casa

Antonio D. G. de 53 anos máis coñecido como Vaquero e con moita vinculacion co baloncesto ( foi entrenador de nenos e nenas ) apareceu morto no seu domicilio da rúa Cornuval. O parecer levaba varios días falecido.

Antonio vivia solo e como os seus amigos levaban varios días sen velo avisaron a Policía Local do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os axentes pediron autorización xudicial á xuíza do Carballiño para poder acceder á vivenda. Preto da entrada, os axentes atopáronse a Antonio. No cadáver, ao que estaba previsto practicarlle a autopsia, non se apreciaban signos de violencia. O feito de que a porta estivese pechada por dentro descartaba que no falecemento participasen terceiras persoas.