“Con Carlos como alcalde, Lobios ten moitas posibilidades”: o deputado Antón Gómez Reino pide o voto para o candidato de Podemos Carlos Garrido

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O deputado Antón Gómez Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, acudiu ao municipio ourensán de Lobios este mércores para dar o seu apoio ao candidato de Podemos á alcaldía, Carlos Garrido López.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Carlos e as compañeiras e compañeiros de Podemos Lobios levan anos traballando, levando todas as demandas e necesidades da cidadanía deste municipio ao Congreso e a onde faga falta”, destacou Gómez Reino, alabando a labor do candidato nos últimos anos.

O deputado tamén destacou que “con Carlos como concelleiro, e esperemos como alcalde, Lobios ten moitas posibilidades, por exemplo nos ámbitos turístico e forestal”.

“Hai que repensar un uso da industria forestal que xere riqueza aquí, para que esa riqueza non se vaia a Portugal ou a outras zonas”, dixo Gómez Reino.

Durante a visita do deputado, o candidato á alcaldía mostroulle o potencial da zona e faloulle do pouco interese do PP en coidar do patrimonio natural deste municipio. Así mesmo, insistiulle na necesidade de que a autovía chegue á fronteira con Portugal para potenciar o municipio.

“O noso compromiso con Carlos como concelleiro e como alcalde é o darlle a Lobios unha conectividade propia do século XXI co resto de Galicia e con Portugal”.