Este vindeiro domingo, día 17, ás 11:45 horas, o templo da Veracruz acollerá a primeira edición do concerto “Nadal Coral”, unha iniciativa pioneira que agrupará ao Orfeón e a 50 nenos e mozos da coral do conservatorio e das corais creadas dos colexios CPI Terras de Maside, o Calvo Sotelo e o Vila do Arenteiro. Dende o concello e a parroquia animan a todos a desfrutar deste concerto.
O pianista e director do Orfeón Christian Casas creou esta iniciativa que xa existe noutras comunidades, co apoio dos centros educativos e ca finalidade non so de iniciar aos mozos na música, se non tamén en valores e en crear comunidade.