Barafunda Teatro abriu a 34ª edición do Festival do Teatro Galego

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A 34ª edición do Festival do Teatro Galego comezou esta mañá nun ano no que mudaron algunhas cousas. A obra de inicio foi unha función infantil, “Antón, un neno diferente”, que foi representada por Barafunda para os nenos de diferentes colexios do Carballiño e tamén para ASPADISI.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mentres, as sesións para adultos serán ás 20,30 horas os vindeiros días. Mañá xoves será a quenda de “O pequeno poni”, de Redrum Teatro; o venres, “As damas de Ferrol”, de  Teatro do Noroeste, e pechará Malasombra, ca obra “Testosterona”.

As entradas poderanse mercar en ataquilla.com ou ben a través da web festivaldoteatrogalego.com. Xa na billeteira os prezos serán de 9 euros a función solta e 25 o abono.