Pachi Vázquez afirma que o voto a Espazo Común Galeguista “é o voto útil para defender os intereses de Ourense no Parlamento galego”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O candidato á Xunta por Espazo Común Galeguista presenta un plan de choque
demográfico que inclúe solo industrial a custo cero, bonificacións fiscais para empresas
e autónomos e axudas á conciliación e vivenda
Ourense, 15 Febreiro 2024
O candidato á Xunta por Espazo Común Galeguista, Pachi Vázquez, ofreceu no Teatro
Principal de Ourense o mitin central de campaña na provincia, acompañado do número dous da candidatura Xosé Manuel Mosquera, e de María Quintas.
Baixo o lema “Ourense, a chave de Galicia”, Vázquez defendeu ante os asistentes a
importancia de que esta provincia teña voz propia no Parlamento galego.
“O voto a Espazo Común Galeguista nesta provincia é o voto útil para que un candidato de Ourense defenda os intereses de Ourense no Parlamento de Galicia, porque somos os
grandes esquencidos”.
Explicou que en Ourense “temos as pensións mais baixas, os salarios mais baixos, a taxa de natalidade mais baixa, e cada ano temos 3.500 habitante menos, ao producirse mais
defuncións que nacementos”. “Esto é un desastre e hai que cambiar”, dixo, e ese é o
obxectivo de Espazo Común Galeguista, ocupar o centro esquerda e, no caso da candidatura de Ourense, “conseguir que se escoite a nosa provincia”.
Para elo presenta un plan de choque demográfico con cinco medidas: Posta a disposición de solo industrial a custo cero durante dez anos, bonificación fiscal do 50% para as empresas que se instalen na provincia, bonificación fiscal do 50% para os autónomos domiciliados na provincia, conciliación laboral con guarderías gratuitas e un plan de axuda á vivenda”.
En materia sanitaria, sinalou que “hai 50.000 homes e mulleres que consumen o sintrom, pero hoxe hai novos medicamentos con menos efectos secundarios e mais beneficios que non cubre a seguridade social”- Pachi Vázquez avanzou que dende Espazo Común Galeguista
“imos a pelexar para que eses galegos e galegas poidan consumir este medicamento
financiado polo Sergas”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO