Os restaurantes A Fuchela, Casa Gazpara e O Xardín, do Carballiño, reciben o distintivo de Calidade Turística

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concelleiro de Turismo do Concello do Carballiño, José Manuel Dacal, asistíu hoxe ao acto de entrega das distincións do ‘Sistema Integral de Calidade Turística En Destino’ (SICTED), que concede o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) coa colaboración da Axencia Galega de Turismo e a Secretaría de Estado de Turismo. Un total de 25 empresas vencelladas ao sector renovaron a súa acreditación e outras 22 obtiveron por vez primeira este recoñecemento.

COMERCIAL ORCELLÓN

Entre elas, foron premiados os restaurantes carballiñeses A Fuchela, Casa Gazpara e O Xardín, iste último tamén na modalidade de hotel, sendo recollidas as distincións polos seus representantes no acto, que tivo lugar no Centro de Interpretación Aquis Querquennae, e que tamén contou cunha delegación da Asociación de Pulpeiros do Carballiño.

O presidente da Deputación provincial, Luis Menor, destacou, durante o acto, a aposta da Deputación de Ourense polo “turismo sostible e de calidade” e o apoio aos emprendedores como “axentes fundamentais para fixar poboación”. As 47 acreditacións forman pare dun traballo conxunto entre as Administracións e o sector privado, estruturadas a través da Mesa de Calidade do Inorde.

Os distintivos SICTED son unha ferramenta que mide a calidade dos diferentes destinos turísticos, recoñecendo ese estándar alto dos diferentes servizos e produtos que hai na zona. Neste sentido, Luis Menor subliñou que estas distincións son un “logro compartido” e puxo en valor a cooperación público-privada. A Deputación xestiona estes distintivos a través do Inorde, e mediante un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------