O próximo sábado, día 13, O Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC) celebra a súa asemblea xeral correspondente ao segundo semestre deste ano. O acto terá lugar na Casa da Cultura do Carballiño.
Ás 11.00 horas iniciarase a asemblea xeral de socios/as, na que se presentarán os novos candidatos a formar parte da lista de socios do IEC. Na orde do día vanse tratar os novos proxectos para o próximo ano, así como un informe sobre as publicacións e actividades realizadas durante este ano.
Entregaranse os Premios dos Microrrelatos e presentarase o número 44 de Ágora do Orcellón.
Tamén presentaranse os novos socios:
Amparo Alonso, catedrática de Intelixencia Artificial de Universidade da Coruña.
Luis Espada Recarey, primero reitor da Universidad de Vigo
Mercedes Castro, médica hematóloga
Francisco Calvo, médico cardiólogo no Álvaro Cunqueiro
Benjamín Herreros, médico, filósofo e profesor da Universidade Complutense de Madrid
David Suárez Quintanilla, catedrático de Ortodoncia da Universidade de Santiago
María José Bravo Bosch, catedrática de Dereito Romano na universidade de Vigo e Secretaría Xeral da misma Universidade.
Ángel López Soto, empresario, presidente do Grupo Alfrio, expresidente do Club Financiero de Galicia
Actuará Marina do Ceo.
Contase ca presencia do Secretario Xeral da Lingua, Valentín García

















