Máis de 150 persoas participaron na andaina polo Día da Muller

O Centro de Información á Muller do Concello do Carballiño organizou onte domingo a 10ª edición da andaina “O Carballiño camiña pola igualdade”, dentro da programación elaborada para conmemorar o Día Internacional das Mulleres.

Consistiu nun percorrido circular de 16,7 quilómetros. Os participantes fixeron un donativo de cinco euros para a asociación Aspadisi, acompañando esta andaina con dobre significado un xesto solidario. Dende o concello do Carballiño e en especial dende o departamento de Igualdade, buscan seguir creando conciencia con actos coma este, que sumen en sensibilidade social.

AVANTAR ACTIVIDADES