XX Aniversario CanedoRock

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O WebZine Musical CanedoRock cumpre 20 anos na rede de redes e celébrao como sempre con boa música.

Nesta ocasión con dous eventos os días 27 e 28 de outubro.

COMERCIAL ORCELLÓN

Así o venres 27 terá lugar por primeira vez a entrega do Xingro de Honra. Un galardón co que desde CanedoRock quérese recoñecer a traxectoria profesional ao longo dos anos de persoas ou entidades que entenden o Rock como unha mostra máis de Cultura axudando á súa difusión e posta en valor.

Este ano o Xingro de Honra recibirao Carlos Domínguez “Charli”, pola súa ampla traxectoria profesional relacionada co Rock. Tanto pola súa achega como músico en Los Suaves como polo seu labor radiofónico a través do seu programa O Lobo Urbano. Ademais doutras actividades menos coñecidas pero non por iso menos importantes.

O Xingro de Honra é unha figura realizada polo artista ourensán Marcos Vidal baseada nunha das esculturas do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense.

O seu nome Xingro ven da denominación dos músicos en Barallete, un argot utilizado outrora polos afiadores, paragüeros e músicos da provincia de Ourense.

O acto de entrega celebrarase no Salón Nobre de El Liceo de Ourense a partir das 21:00h. A entrada será gratuíta con invitación.

Tras a entrega do Xingro de Honra terá lugar no mesmo escenario a actuación do trío ourensán Barbaña Blues que finalizará o acto enchendo dos sons máis clásicos do Blues o Salón Nobre do Liceo.

O sábado 28 celebrarase a xa “tradicional” Festa de Aniversario no Café Cultural Auriense da Cidade das Burgas.

Susie Q’s serán o encargados de amenizar a Sesión Vermú a partir das 12:30h con entrada  gratuíta.

Os da Vila do Arenteiro volven a Ourense a presentar as súas novas cancións. O seu Rock melódico de calidade, sen dúbida, fará pasar un bo intre ao respectable abrindo o apetito para o que lles espera pola tarde.

A partir das 20:00h., na Festa Concerto, contarán con tres bandas sobre o escenario do Auriense no que sen dúbida será unha tarde chea de boa música.

Os ourensáns No Chillin’ Siesta Boys, a pontevedreses Calle del Ruido e os ferroláns Malditos Pendejos serán os encargados de poñerlle banda sonora.

No Chillin’ Sesta Boys darán o pistoletazo de saída. O seu potente Metalcore e a intensidade coa que viven os seus concertos poñerán patas para arriba o Auriense desde o primeiro acorde.

Celle del Ruido serán os seguintes en subir ao escenario do Café Auriense. O seu Metal melódico con sons electrónicos, non exento de forza, e cun directo altamente enerxético, é unha aposta gañadora segura.

Pecharán a velada, Malditos Pendejos. O seu Rock de toda a vida, incombustible, poñerá o broche de ouro á XX Festa de Aniversario de CanedoRock.

Veñen a Ourense coas cancións dos seus dous discos debaixo do brazo cun repertorio no que tampouco faltarán algúns clásicos do Rock.

As entradas están á venda a un prezo de 10€ en Café Cultural Auriense, Pardao Bar, Pub Rockola, Pub Jato Negro e Cervexaría O Moucho. (Socios CanedoRock: entrada gratuíta).

O menú do XX aniversario de CanedoRock esta servido. Só faltas ti.

Ligazóns de interese:

Malditos Pendejos:

Facebook: https://www.facebook.com/Rancrock

Vídeo: https://youtu.be/KJywmZPZNAM

Calle del Ruido:

Facebook: https://www.facebook.com/calledelruidooficial

Vídeo: https://youtu.be/YJLudfcsBvo

No Chillin’ Siesta Boys:

Facebook: https://www.facebook.com/siestaboys

Vídeo: https://youtu.be/NSsD-Rgh6NE

Susie Q’s:


Facebook: https://www.facebook.com/susiequius

Vídeo: https://youtu.be/-CZYoSHAHyM

Barbaña Blues:

Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100063507513634

Vídeo: https://youtu.be/FdvamD_RKZE

CanedoRock:

http://www.canedorock.com/http://www.facebook.es/canedorockhttp://www.instagram.com/canedorock/https://www.youtube.com/canedorock

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------