A provincia de Ourense acolleu a súa fin de semana de San Martiño con numerosas celebracións, tamén nos concellos da nosa contorna. A pesar de que o tempo non acompañou para as celebracións ao aire libre, desprazámonos ata O Irixo, onde o concello organizou a súa festa no pavillón municipal.
Máis de 600 persoas reuníronse alí para pasar a xornada, todo un éxito de participación e de organización. Contaron cunha sección da banda de gaitas do Irixo para amenizar a sesión vermú e durante o xantar a actuación do Galeguiños. Inchables e xogos infantís e máis animación para pasar a tarde. O menú estivo composto por empanada, chourizos e panceta e postres.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------