O Inorde organiza unha xornada de traballo para crear novas estratexias que promovan a economía circular no sector da alimentación, auga e nutrientes de Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Deputación de Ourense, a través do liderado do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, organiza unha xornada de traballo no marco do proxecto Circular Ecosystems, con toda a cadea de valor do sector da alimentación, auga e nutrientes de Ourense, para validar os resultados do proxecto así como para crear novas estratexias para promover a economía circular dentro da provincia.

A xornada terá lugar o vindeiro martes, 24 de setembro, desde as 10.00 ás 12.00 horas, na aula Progreso do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Os interesados en participar poden inscribirse póndose en contacto co Inorde.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta iniciativa desenvólvese no marco do proxecto europeo CIRCULAR ECOSYSTEMS: Ecosistemas territoriais e solucións sistémicas de economía circular para previr a contaminación, co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

O obxectivo principal do mesmo é desenvolver iniciativas para buscar solucións aos problemas de contaminación da área de cooperación, tendo en conta as estratexias e plans existentes en xestión de residuos/recursos, a través do desenvolvemento de estratexias e plans de acción territoriais de economía circular, conforme a unha metodoloxía conxunta.

O proxecto desenvolverase ao longo dos vindeiros tres anos, tendo como principais iniciativas para este ano 2024 o deseño do Plan Estratéxico, a análise da lexislación e o Mapeo de Axentes do Territorio ourensán.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------