A Xunta adxudica dúas vivendas de promoción pública en réxime de aluguer en Carballeda de Valdeorras

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense entregoulle esta mañá as chaves aos arrendatarios

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

  • O delegado territorial explicou que as persoas beneficiarias xa se poden instalar nas vivendas e resaltou que estas actuacións son unha mostra máis do esforzo do Goberno galego para facilitar o acceso a unha vivenda aos cidadáns
  • Manuel Pardo lembrou que as persoas adxudicatarias pagarán unha renda mensual que non excede dos 100 euros
  • O representante do Goberno galego subliñou que as axudas á rehabilitación de vivendas de titularidade municipal que promove a Xunta teñen como obxectivo seguir incrementando o parque residencial á disposición dos colectivos máis vulnerables con alugueiros a prezos accesibles

Ourense, 07 de febreiro de 2025.– O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado da alcaldesa, Mª del Carmen González, entregou esta mañá as chaves de dúas vivendas, en réxime de alugueiro, no concello de Carballeda de Valdeorras, nas que a Xunta investiu máis de 13.000€ en obras de  acondicionamento e rehabilitación.

O delegado territorial detallou que se trata de dúas  vivendas de 87,95 e 90  metros cadrados situadas no lugar a Lagoa, en Sobradelo. As vivendas foron adxudicadas en réxime de alugamento, polo que os seus inquilinos pagarán unha renda mensual que non excede dos cen euros. Xunto coa adxudicación das vivendas, vincúlase unha praza de garaxe e un rocho.

Tamén explicou que as actuacións que se levaron a cabo en ambas vivendas consistiron, principalmente en traballos de carpintería, pintura, reparación de luminarias e colocación de encimeras e placas de cociña.

Manuel Pardo salientou que as persoas beneficiarias xa se poden instalar nas vivendas e resaltou que estas actuacións son unha mostra máis do esforzo do Goberno galego para facilitar o acceso a unha vivenda aos cidadáns.

Na visita lembrou, que unha das condicións que deben cumprir os beneficiarios é estar inscrito no Rexistro único de demandantes de vivenda, un trámite que se pode realizar en calquera momento do ano. A inscrición pode efectuarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada, procedemento VI428C, inscrición no RUDEVI. Tamén pode solicitarse información nas propias oficinas do IGVS. As solicitudes poden presentarse opcionalmente por medios electrónicos ou de xeito presencial.

O representante do Goberno galego subliñou que as axudas á rehabilitación de vivendas de titularidade municipal que promove a Xunta teñen como obxectivo seguir incrementando o parque residencial á disposición dos colectivos máis vulnerables con alugueiros a prezos accesibles.