María Fernández Ojea continuará como secretaría de Función Pública e Xustiza e Natalia González Benéitez tomará o relevo de Marga Martín Rodríguez para exercer como secretaria de Política Social, Maiores e Dependencia
Ademais, a agrupación dos e das socialistas da cidade de Ourense contará con Carmen Rodríguez Dacosta como representante no Comité Federal e Tamara Iglesias Figueiras que repetirá como integrante da Comisión Nacional de Ética
Ourense, 10 de marzo de 2025. A agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense contará con dous representantes na Comisión Executiva Nacional Galega (CENG) dos e das socialistas –respaldada cun 93% de votos a favor dos delegados e delegadas– toda vez rematou o XV Congreso do partido que tivo lugar este pasado fin de semana en Santiago de Compostela.
Así as cousas, María Fernández Ojea continuará como secretaría de Función Pública e Xustiza e Natalia González Benéitez tomará o relevo de Marga Martín Rodríguez para exercer como secretaria de Política Social, Maiores e Dependencia. Ámbalas dúas amosáronse agradecidas pola confianza depositada para o novo labor a desenvolver tralo proceso congresual no que tamén resultou reelixido o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e no que se aprobou a Ponencia Marco que introduce cambios relevantes en áreas como Igualdade ou os Estatutos.
Ademais, a agrupación dos e das socialistas da cidade de Ourense contará con Carmen Rodríguez Dacosta como representante no Comité Federal e Tamara Iglesias Figueiras que repetirá como integrante da Comisión Nacional de Ética.
Por outra banda, as e os socialistas José Ramón Fernández Morgade, Zaida Rodríguez Camba, Alberto Fidalgo Francisco, Erica Conde Vázquez, Antonio Blanco Rodríguez, Francisco Quintas Ferreño, Eva Maldonado González e Diego Alonso de Abel representarán –xunto coas anteriormente responsables mencionadas– á agrupación local no Comité Nacional Galego.
Aparte de renovar, durante o XV Congreso, os órganos de dirección, así como os documentos que marcarán a folla de ruta do PSdeG nos vindeiros anos, as e
os socialistas de Galicia deixaron claro que a igualdade e a aposta pola mocidade serán dous eixos sobre os que se sustentará a actividade do partido. Dende a agrupación municipal tamén amosaron, neste senso, a súa satisfacción por que Miguel Gómez –actual secretario xeral de XX.SS. de Ourense– estivera presente na mesa do Congreso e que a mesma fose presidida pola alcaldesa máis nova de Galicia, Uxía Oviedo.
Ademais, a secretaria xeral do PSdeG na cidade e voceira do grupo municipal socialista no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez, presidiu a Comisión 3 (Unha Galicia avanzada en equidade) na que se debateron e votaron parte das emendas do Relatorio Marco.