Ribadavia continúa este mes coa programación das Xornadas Europeas da Cultura Sefardí, promovidas pola AEPJ Jewish Heritage e enmarcadas dentro do Programa de Itinerarios Culturais do Consello de Europa, lanzados por este organismo en 1987 e que demostran, mediante unha viaxe polo espazo e polo tempo, como o patrimonio dos diferentes países e culturas de Europa contribúe a un patrimonio cultural amplo, compartido e vivo.
Este venres e sábado a vila acollerá as Xornadas Gastronómicas Sefardís, unha proposta coa que veciños, veciñas e visitantes poderán achegarse á tradición culinaria sefardí a través de petiscos e menús especiais.
Os locais Plaza, Alaba’o, Salto del Ángel, Marilagar e Garden Lodge ofrecerán petiscos típicos sefardís a un prezo de 2,50 € a unidade, unha oportunidade para descubrir sabores orixinais vinculados á herdanza xudía da vila.
Ademais, dous restaurantes participan con menús completos de tradición sefardí:
- O Birrán:
- Tataky de berenxena afumada, crema de tahini e granada
- Albóndegas de peixe en caldo especiado
- Lingote de cordeiro glaseado, parmentier de boniato e froitos secos
- Torta de améndoas, azahar e mel
Prezo: 26 €
Reserva previa recomendada no teléfono 620 46 58 38.
- O Pucheiro:
- Ensalada mixta
- Bacallao guisado
- Pudín de mazá
- Viño kosher
Prezo: 26 €
Reserva previa recomendada no teléfono 988 47 09 06.
Con esta iniciativa, Ribadavia reforza a súa condición de referente na recuperación e divulgación da cultura sefardí, ao tempo que impulsa a hostalería local e ofrece unha alternativa de lecer para esta fin de semana, coincidindo co inicio do curso e o remate do verán.