En colaboración con Fairway, o Foro do Camiño de Santiago, coñecerán a oferta natural, patrimonial e os servizos que operan nesta ruta, para impulsar paquetes especializados na comercialización turística deste itinerario nas canles internacionais
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Dinamización da Vía da Prata-Camiño Mozárabe, que está a impulsar a Deputación de Ourense a través do Inorde



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Ourense, 3 de novembro de 2025.
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, organiza unha viaxe de familiarización en colaboración con Fairway, para que turoperadores que estarán neste Foro do Camiño de Santiago, coñezan antes de que comece a Feira, a oferta diferenciadora da provincia de Ourense, especialmente vencellada á Vía da Prata e itinerarios que conflúan na mesma.
O obxectivo é dar a coñecer os recursos naturais e patrimoniais desta ruta xacobea a través da súa propia experiencia, coñecendo a calidade da oferta dos aloxamentos, da gastronomía e de todos os servizos que operan no territorio, para poder impulsar, posteriormente, paquetes especializados na comercialización turística deste itinerario nas canles internacionais.
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Dinamización da Vía da Prata-Camiño Mozárabe, que está a impulsar a Deputación de Ourense a través do Inorde.
Os turoperadores e a prensa especializada que protagonizarán esta viaxe de familiarización proceden de Estados Unidos, Brasil, Indonesia e Sudáfrica, ademais de España.
Programa
O programa da viaxe comezará o xoves, 6 de novembro, desde Monterrei para visitar Santa María de Mixós, a Fortaleza e probar a gastronomía local en Verín. De aí sairán ata Xunqueira de Ambía para visitar a Colexiata. Posteriormente realizarán un tramo camiñando entre Cima de Vila e Xunqueira de Ambía e trasladaranse ata Allariz.
Ao día seguinte, o 7 de novembro, visitarán a vila alaricana cunha parada na Igrexa de Santiago. Posteriormente, visitarán o museo de Arte Sacra de Santa Clara e traslado a Santa María de Augasantas para realizar unha camiñata de 3 km at ao Forno da Santa, para coñecer unha variante do Camiño de Verín, deste itinerario xacobeo). Unha vez alí visitarán o Forno da Santa e Castro de Armea. De regreso a Allariz degustarán a gastronomía da vila nun local da mesma, e poñerán rumbo a Celanova para coñecer o Mosteiro de San Salvador e Capela de San Miguel. De aí pasarán a noite no Pazo de San Damián.
O sábado, 8 de novembro, a actividade comezará na cidade para visitar a Catedral, pasear polas súas rúas e camiñar ata a Ponte Romana rematando cunha degustación gastronómica nun local da cidade. Realizarán posteriormente unha camiñata desde Viduedo ata San Cristovo de Cea. Rematado este tramo, trasladaranse ata O Carballiño para ver o templo da Vera-Cruz e despois visitar o Mosteiro de Oseira. Desde aquí trasladaranse a Santiago para participar en Fairway.

















