O BNG do Carballiño vén de denunciar, ao traverso dunha nota de prensa, “a hipocresía, falsidade e pasividade do Partido Popular ao
utilizar a reforma do mapa xudicial inserida na Lei Orgánica de eficiencia do Servizo Público de Xustiza de xeito partidista na nosa comarca, máis se cabe, ao facelo nas datas previas ao 25N”. Lembran que “cando se soubo da decisión do Goberno do Estado de que a extensión da xurisdición da sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Ourense, a costa de eliminar a competencia de tribunais de partidos xudiciais como o do Carballiño, esta contou coa conformidade tanto da Xunta de Galiza como da Deputación de Ourense”.
Dende o BNG apuntan que “a pasividade do PP ficou patente ao ter que ser o Colexio da Avogacía de Ourense quen interpuxera un recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Supremo para impugnar unha decisión moi lesiva para as mulleres, tanto da nosa comarca como de toda a Galiza interior”. Engaden que, “mais unha vez, o Partido Popular, vendo como xuristas, partidos políticos e a cidadanía en
xeral se está a manifestar en contra desta medida, apúntase hipócritamente ás protestas cando debería ser quen as liderase dende as institucións que goberna, nomeadamente deputacións e goberno autonómico”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O BNG, tanto no Parlamento do Estado coma no de Galiza, “presentou varias emendas encamiñadas a incrementar as facultades en materia de administración de xustiza, incremento de persoal e por suposto esixir que a creación da Sección de Violencia sobre a Muller no
Tribunal de Ourense ou nas outras provincias non supoña a eliminación das competencias nos restantes partidos xudiciais, o que suporía máis unha vez unha nova supresión de servizos no medio rural”.
Desde o BNG lembran ao Partido Popular que “a loita contra da violencia de xénero non é só unha data destacada no calendario. A loita contra da violencia de xénero supón tamén non privatizar os servizos públicos de atención ás vítimas como os Centros de Crise 24 horas, ou os CIM móbiles. Supón tamén non pactar con forzas políticas que negan a violencia contra a muller, non recortar en mais de un millón de euros os fondos destinados a loitar contra a violencia de xénero e non descargar sobre os concellos aquelas funcións que atinxen a Xunta
de Galiza”.
A formación nacionalista conclúe que “privatizar, precarizar e recortar os servizos públicos destinados á loita contra da violencia de xénero tamén é violencia”.

















