O Goberno galego anunciou a creación, o vindeiro ano, dunha nova categoría para recoñecer rutas culturais de interese autonómico asociadas ao Camiño de Santiago, contando entre elas o Caminho Cultural de Santiago da Geira e dos Arrieiros, que comeza en Braga (Portugal) e atravesa concellos do Ribeiro como Cortegada, Ribadavia, Beade e Leiro (pola Entidade Local Menor de Berán) e despois adéntrase na comarca do Carballiño por Pazos de Arenteiro (Boborás) e Beariz.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, explicou que un dos obxectivos desta nova clasificación é recoñecer percorridos que, aínda que non cumpran tódolos criterios esixidos para ser declarados como Camiño Xacobeo, “cumpren os requisitos considerados relevantes para recibir unha atención especial das administracións públicas”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
“Son rutas que xunguen a historia, tradición e patrimonio, e especialmente importantes para difundir a cultura e identidade por toda a rexión”, salientou López Campos o pasado mércores, despois dunha xuntanza con representantes de concellos galegos. O conselleiro apuntou que esta medida responde ás solicitudes “dos concellos, asociacións e entidades que, nos úiltimos anos, teñen realizado un extenso traballo de documentación para divulgar rutas únicas”.
Así, a creación desta categoría pretende destacar os itinerarios que promoven e difunden a cultura, o desenvolvemento sustentable e a cohesión social entre diferentes rexións, especialmente nas áreas en risco de exclusión cultural debido ás súas condicións xeográficas e sociais. Esta nova categoria será formalizada a través dun decreto que establecerá as medidas específicas para a protección, promoción e apoio, garantindo que estas rutas reciban “unha atençión especial por parte das administracións públicas no planeamento de programas culturais, na aconcesión de subvencións e na creación de iniciativas que poñan en valor a sua importancia”.
Camiño da Geira
Ademais do Caminho da Geira e dos Arrieiros (CGA), tamén foron incluídos na relación os itinerarios de San Rosendo (santo Tirso), Minhoto Ribeiro (Braga), Muxía vía Brandomil, Mariñán, Muros-Noia, do Mar e do Künig. Entre éstes, o Caminho da Geira é de longo o itinerario máis procurado polos peregrinos, com 757 compostelas atribuídas este ano. En oito anos, estímase que ten sido percorrido por unhas 7.634 persoas, 3.176 das cales recibiron o documento que acredita a chegada á capital da Galiza polas rutas tradicionais.
O Caminho da Geira ten 239 quilómetros, comeza na cidade de Braga e pasa polos municípios de Amares, Terras de Bouro e Melgaço, entrando en Galicia pola Portela do Home. Foi presentado en 2017, en Ribadavia e en Braga, obtendo o recoñecemento da Igrexa Católica no 2019 e tamén en publicacións da asociación de municípios transfronteirizos Eixo Atlântico (2020) e do Turismo do Porto e Norte de Portugal (2021).
O itinerario destácase por incluir patrimonios únicos no mundo: a Geira, a vía do género mellor conservada do antigo Imperio Romano de Occidente, e a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. Ademais, o seu trazado é un dos poucos que conducen aos peregrinos diretamente à Catedral de Santiago de Compostela.
















