A Residencia Irmáns Prieto do Carballiño celebra hoxe os 102 anos de Angustias, unha veciña moi coñecida da vila. Tras unha vida vencellada á histórica rúa e barrio de A Carreira, a centenaria mantén intacto ese carácter forte que a definiu.
Fiel aos seus costumes relixiosos, antigamente ía sempre a misa, agora aproveita cada visita do seu fillo para acudir á igrexa. Angustias vive o seu día a día rodeada do agarimo do equipo, dos seus compañeiros do centro e do seu inseparable amigo canino Odie (o can do centro, co que fixo moi boas migas).
Ademais, continúa moi conectada aos seus grazas ás videollamadas semanais que mantén co seu fillo, que aparece a súa dereita na imaxe, xunto con Andrea, unha traballadora social da Residencia.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















