Ourense, 5 de marzo, 2026_ A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) convoca aos medios de comunicación ao acto conmemorativo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o vindeiro luns, 9 de marzo, ás 10:00 horas, na sede da organización.
Esta xornada supón unha data especialmente significativa para a Confederación Empresarial de Ourense, que reafirma con este acto o seu compromiso coa igualdade de oportunidades, o recoñecemento do talento feminino e a promoción dunha contorna empresarial máis equilibrado, inclusivo e competitivo.
O encontro comezará coa benvida institucional a cargo de David Martínez, presidente da Confederación Empresarial de Ourense, quen poñerá en valor a importancia de seguir impulsando iniciativas que contribúan a reforzar a presenza e o liderado das mulleres no ámbito empresarial.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Durante o acto terá lugar tamén a presentación oficial do Recoñecemento Impulsa Marisol Novoa, unha iniciativa promovida pola CEO que nace co obxectivo de poñer en valor o liderado feminino, a traxectoria empresarial e o espírito emprendedor desde a perspectiva da igualdade.
A presentación deste recoñecemento correrá a cargo de Beatriz Gómez, vicepresidenta da Confederación Empresarial de Ourense, quen explicará a orixe, o significado e a proxección futura desta iniciativa.
O Recoñecemento Impulsa Marisol Novoa créase como unha homenaxe a quen foi presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, e pretende manter vivo o seu legado, o seu compromiso co tecido empresarial e o seu firme defensa do papel da muller no desenvolvemento económico e social.
Con vocación de continuidade, este recoñecemento aspira a consolidarse como unha cita anual dentro da axenda da CEO, destinada a destacar referentes femininos que contribúen ao crecemento empresarial e ao avance cara a unha igualdade real no ámbito económico e profesional.
A través desta iniciativa, a Confederación Empresarial de Ourense reafirma a súa vontade de seguir impulsando espazos de reflexión, visibilización e recoñecemento do talento feminino, promovendo un modelo empresarial no que a igualdade non sexa unicamente un principio declarado, senón unha práctica efectiva no día a día das organizacións.

















