Comunicado do consello local do Bng do Carballiño tras a baixa de Sofía García

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

COMUNICADO:

O Carballiño, 18 de marzo de 2026. Logo de coñecer a renuncia da concelleira Sofía García Hermida a seguir formando parte do BNG, e tras a reunión celebrada na mañá de hoxe, o Consello Local do BNG do Carballiño quere manifestar publicamente os seguintes puntos:

  • Respectamos a decisión da nosa concelleira, como non pode ser doutro xeito, manifestando a nosa gratitude polo traballo desenvolvido durante a súa militancia no BNG.
  • O BNG é unha organización asemblearia, na que todas as decisións se adoptan tras procesos de debate aberto e participación activa da militancia nos seus órganos. Este funcionamento democrático é unha das bases que sustentan o noso proxecto político e garante que as posicións do Bloque respondan á vontade colectiva maioritaria das e dos militantes que conforman a organización.
  • Somos unha organización cohesionada, comprometida e en constante traballo, co obxectivo de ofrecer á veciñanza unha alternativa política sólida, seria e con proxecto de futuro de cara ás vindeiras Eleccións Municipais de 2027. Reiteramos o noso firme compromiso de seguir traballando con rigor e responsabilidade, situando ás veciñas e veciños no centro de toda acción política, co fin de construír un Carballiño mellor para todas e todos.
  • Sen ter coñecemento da decisión que, a este respecto, teña Sofía García, dende o BNG lembramos que as actas obtidas baixo as siglas da nosa organización son do proxecto colectivo, en coherencia coa vontade expresada pola veciñanza nas urnas e co compromiso adquirido coas persoas que depositaron a súa confianza no BNG.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------