A música alternativa, a cultura e o comercio sustentable, claves do ‘Festival Arteficial’, que cumpre dúas décadas os días 4 e 5 de setembro no casco histórico de Ribadavia

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribadavia prepárase para acoller a 20ª edición do Festival Arteficial, que terá lugar os vindeiros días 4, venres, e 5 de setembro, sábado. Con dúas décadas de traxectoria apoiando a cultura, a música alternativa e a sustentabilidade, este evento regresa cunha proposta vibrante que encherá de vida as rúas e prazas do casco histórico da capital do Ribeiro.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A presentación do festival tivo lugar esta mañá no espazo senlleiro do Museo Etnolóxico de Ribadavia, coa presenza do director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo; o alcalde e a concelleira de Cultura, César Fernández e Yolanda Gómez, ademais de Manuel Araújo e Ainhoa Viñuela, integrantes da organización de Arteficial, que foron presentados por Pilar Núñez, directora do centro museístico.

O cartel deste ano salienta pola súa diversidade de xéneros e sons únicos, combinando talento internacional, nacional e galego. Entre os artistas confirmados para facer vibrar ao público atópanse: Basic Partner (Francia), Scúru Fitchádu (Portugal/Cabo Verde/Angola), San La Muerte Cumbia Club (Portugal/Latinoamérica), La Rate Tímide (Norteñas residentes en Madrid), Su Garrido Pombo (Galicia), Peitoescuro (Galicia), Ao (BCN/Ribadavia/Brasil), Dj Ferromona, Dj Grima (Mataró), Sapoconcho Semponcho (Galicia) e Dj Balconde (Ribadavia).

Fiel á súa esencia integradora, a música non será a única protagonista. O festival incluirá actividades culturais para todos os públicos, destacando o tradicional “Pasarrúas de Airiños e Xigantes con Cabezudos”, obradoiros interxeracionais e de creación musical, así como o
Mercado das Sementes (mercadiño artístico de proximidade).

O evento conta co patrocinio institucional do Concello de Ribadavia, Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Deputación de Ourense e o Museo Etnolóxico de Ribadavia. Así mesmo, é posible grazas a colaboradores e marcas como Estrella Galicia, Destilerías Miño, Povarelo,
Bodegas Gallegas, La Pócima, Matilda Nieves, Paniagua, Doppler, Gran Alanís, Pacto Cultura Sustentable e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Programa do venres 4

11:00 – 14:00 h: Visita guiada á imprenta tradicional “El Ribadaviense” (fundada no 1870). 4 pases de 6 persoas (20-30 min/pase). Aforo limitado, inscrición en ola@arteficial.org.
16:30 h: Obradoiro de creación musical “Son Electrónico”: experimentación con sintetizadores, samplers e loop stations. Impartido por Pablo Puentes (UAB) e Jesús Jara (UCM). A partir de 5 anos. Inscrición previa en son.electronico.ribadavia@gmail.com
20:00 h: Apertura de portas e sesión Grima Dj
20:30 h: Concerto de Su Garrido Pombo

Programa do sábado 5

11:00 – 12:30 h: Obradoiro interxeracional “Coas mans no pasado: a cerámica e os tecidos” (Patio interior do Museo Etnolóxico). Inscricións: reservas@xeitura.com
12:00 – 12:30 h: Desfile Cabezudiñxs, Don Pedro e Doña Ana acompañados polo Grupo de Gaitas “Airiños” (Dende a igrexa de San Antón por Progreso ata a praza da Madalena pasando pola Praza Maior).
12:00 – 20:00 h: Mercado das Sementes: propostas artesanais e artísticas variadas
12:30 – 13:00 h: Actuación do Grupo de Gaitas “Airiños” e baile Don Pedro e Doña Ana (Fachada da Madalena)
13:00 – 13:30 h: DJ Grima (Escenario Interior Igrexa Madalena)
13:30 – 14:25 h: Peitoescuro (Escenario Interior Igrexa Madalena)
14:30 – 15:30 h: BalConde DJs (Escenario BalConde)
15:30 – 16:30 h: AO (Escenario Exterior Praza Buxán)
16:30 – 17:30 h: BalConde DJs (Escenario BalConde)
17:00 – 18:30 h: Obradoiro interxeracional “Coas mans no pasado: a cerámica e os tecidos” (Patio interior do Museo Etnolóxico). Inscricións: reservas@xeitura.com
17:30 – 18:25 h: La Rate Tímide (Escenario Exterior Praza Buxán)
18:30 – 19:30 h: DJ Ferromona (Escenario BalConde)
19:30 – 20:20 h: Basic Partner (Escenario Exterior Praza Buxán)
20:20 – 21:30 h: DJ Ferromona (Escenario BalConde)
21:30 – 22:30 h: Scúru Fitchádu (Escenario Exterior Praza Buxán)

A xornada rematará pola noite na igrexa da Oliveira, coas actuacións de:

23:00 – 00:00 h: DJ Sapoconcho Semponcho
00:00 – 01:30 h: San La Muerte Cumbia Club
01:30 – 02:30 h: DJ Sapoconcho Semponcho

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------